Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, julho 07, 2005

Como van botar de menos a tele...

[Noticia de Vieiros.com, imaxe feita na casa d'O'Xirarei]
O PP ATA CABOS ANTES DE MARCHAR
O goberno en funcións concederá as licenzas da TDT a semana que vén

[06/07/2005 16:44] Pódese dár por feito que o PP outorgará as licenzas para novas canles de radio e televisión dixital antes de deixar o goberno. Así o anunciou esta mañá o Conselleiro de Cultura en funcións, Xesús Pérez Varela, quen considera que a adxudicación é "obriga" do Executivo en funcións malia que a nova lei estatal que regulamenta o procedemento ampliou o prazo ata finais de ano no caso das televisións locais. No caso das radios, o Plan Técnico Nacional marca un prazo aínda máis amplo: o 30 de xuño de 2006 para ter a infraestrutura lista e 20 anos para ir convocando concursos de concesión de licenzas. O PSdeG, o BNG e máis os xornalistas agrupados no CPXG pediron, antes xa das eleccións, que fose o novo goberno da Xunta o que resolvese os concursos da TDT e da radio dixital no canto de facelo o executivo saínte. Malia as protestas, o PP mantén firme a súa intención de configurar o panorama audiovisual antes de marchar. LE MÁIS EN VIEIROS.COM

1 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Coido que non é tempo de florituras ou eufemismos, e rexeitando xa termos brandos como caciques ou fascistas, hai que dicer que son uns CABRÓNS.

10:55 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home