Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, julho 16, 2005

Chalana do monopolio

Despois dunha noite de creación artístico-informática (estou a matinar como difundir a miña creación, verédela en breve) parto cara ao mar de pedra nunha viaxe pseudoturística-familiar. Dado que a barca de pedra está convenientemente amarrada ao peirao ata nova orde, tiven que coller unha chalana medio destartalada que en metade da singradura deu lugar a unha vía de auga. Subido nunha illa de asfalto fronte -preto dun destino agradábel, mais imposíbel, por certo- agardei a que chegara a balsa salvavidas -meu Deus, peor cá anterior-. Mentres cavilo como molestar o máis posíbel ao patrón da confraría do carallo monopolístico reflexiono sobre unha probábel inmersión na miña vida de hai dous anos atrás. Seguiremos informando.