Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, julho 26, 2005

Breve crónica da fugaz singradura

Rematou a breve singradura do aspirante a contador da vida. As ondas do mar de pedra recibírono, acariñárono e despedírono nuns días que semellaron minutos, se cadra segundos. No entanto, o aspirante a contador da vida tivo, por un momento, a tentación de deixar caer a áncora alí onde quere estar, sen ollar cara ao porto, só tirar a áncora e deixar que baixe até o maís profundo. E vivir no medio e medio do mar, coas súas tristuras e as súas ledicias, mais sempre o mar. Atopouse o aspirante a contador da vida co resto da tripulación da barca de pedra, estaban case todos en todos os momentos. Voltou o aspirante ao bico e á aperta, de todos os tipos, ao berro unánime na rúa e ao besbexo ao ouvido que sabe a gloria. Voltou ao ceo de bandeiras e estrelas e ao chan de pedra que dá apertas. Mágoa que ao rematar a noite e ao chegar o día se decatase de que era hora de pór rumbo ao peirao. E aguantar, e ollar para as instantáneas tomadas na singradura, e agardar, agardar, agardar.

2 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

3:07 da tarde

 
Blogger MelroPreto dixo...

De volta no peirao restan sempre as tascas nacional-populares dende as que exercitar os sentidos no esforzo por sentir no ar o que nos falta; e nas que aprender a amañar o mundo acompañados dunha cervexa.
E sobre de tudo, as tascas nas que se laiar do vrao e estruturar teorías sobre os efectos negativos da comunicación telefónica.

3:09 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home