Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, julho 20, 2005

As cores de Paco Vázquez, son vermellas e amarelas...

Xa hai moito que non tratabamos a patoloxía alfabética de Paco, el de LaCuruña. Pois ben, leo en Galicia Hoxe, ese estraño fenómeno da prensa nacional, que seica Paco leva gastados, céntimo arriba ou abaixo, uns 300.000 euros, que veñen sendo, se non me engano, uns cincuenta quilos dos de antes na coña do ele do carallo. Ben, pois o Movemento polos dereitos civís denunciou a Paco perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por semellante "inversión" na súa teimosía españolista, e o tribunal en cuestión admitíu a trámite a denuncia. Seica a última partida orzamentaria para tal fin foi, tal e como denunciou o Grupo Municipal do BNG da Coruña, duns 34800 €, en concepto de honorarios do avogado que representou ao Concello no penúltimo capítulo sobre o L. En fin, isto supoño que sirve para lembrar con que clase de personaxiños estamos tratando. Agora, alegraríame ben porque lle metesen un bo paquete a Paco e lles tivese que devolver aos coruñeses os cartos que lles roubou para financiar a súa pechadura de mente.
Lede máis en
Galicia Hoxe
Movemento Polos Dereitos Civís