Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, maio 14, 2005

Quin, dálle gas!!!!

Mentres Don Manuel se afana no carrexo transoceánico, ese que deixa o milagre dos pans e os peixes nun simple truco de feira, Quin continúa facendo que me sinta culpábel por non ser quen de organizar un grupiño de mil ou dúas mil persoas que vaian abrindo ollos e testas, segundo corresponda, polo país adiante. É moi triste que a paisanada se enfronte de novo a que os traten como ás ovellas, con respecto para as ovellas e, papeleta en man, hipotequen o futuro deste país catros máis. Leo en La Voz de La Galicia, que é editado en La Coruña:
Quintana citó a Castelao para proclamar que faltan 35 días para el «alba de gloria» que soñó el ilustre galleguista, e instó a la militancia a «tener confianza y a trabajar juntos y unidos en la misma dirección porque cuando el nacionalismo gallego se pone a andar, Galicia es imparable». Isto vén querendo dicir que Quin dixo que faltan 35 días para o Alba de Groria que soñou Castelao, patriota galego, e instou a toda a militancia a termos confianza e traballar xuntos e unidos na mesma dirección, porque cando o nacionalimo galego se pon a andar, Galiza é imparábel.

1 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Moito bon iso da tradución simultánea, era o que había que facer con todos os meios. Saúde Camarada!!
p.s.: Se me vexo con forzas aínda hei tornar hoxe ao rego bloguístico.

10:14 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home