Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, maio 20, 2005

Irémolos botando logo, que vai sendo tempo


Por fin, o domingo ás 19:30 no Teatro Principal de Santiago de Compostela (e segundo me teñen dito tamén ás 22:30 en segundo pase) será a estrea de Hai que botalos!, con entrada libre (ceibe). Cun filme tan cargado de retranca e cunha vontade moi clara, creo que tentarei ser manipulado por "estos radicales del nuncamais", se non podo o domingo -que será o máis probábel dado o meu xantar masivo en compaña colectiva de certo blogqueiro ao abeiro da muralla- será o mércores, cando nos veñan lavar o cerebro aos universitarios con tal de non seguir que GaliCIa siga indo a máis. Moita sorte compañeiros! Por certo, en Arredemo hai un adianto para @s máis impacientes....

1 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Xa se pode, en www.haiquebotalos.com, descarregar unha por unha todas as curtametraxes que fan parte do filme. Así que os impacientes xa sabedes, a conectarse e poder fachendear mañá de terdes visto xa o filme N-PL (nacional-popular pola Liberación).
Saúde e Terra!!!

7:49 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home