Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, abril 14, 2005

Nun país "normal"

Teñolle escoitado moitas veces a xente de moi distinta condición aquilo de "ai, se vivíramos nun país normal...". Pois, efectivamente, coido que se este fose un país "normal" perdería gran parte dos seus encantos, pero tamén moitos dos seus defectos (que os hai, e non só os que voan a carón dunha gaivota azul). Como ía dicindo, se este fose un país normal, non pasarían cousas como as que pasan; a saber: os xornalistas deixarían o bombo para animar ao segundo da carreira e para darlle coa maza do mesmo ao que vai terceiro, non vaia ser que adiante e a monte. Se este fose un país normal, as crises e demais conflitos dos partidos políticos solucionaríanse racionalmente, ou polo menos tentaríase facelo. Se este fose un país normal, todos e todas nos decatariamos de que estamos nun momento demasiado importante da nosa historia como para deixarnos levar pola fachenda persoal uns, polos propios intereses outros, por tentar quedar ben coa maioría, os de máis alá, e por tentarse parecer aos de fóra outros que nunca foron de este país. E así vai o país, que non é moi normal.

1 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Quizabes sexa iso o que o fai tan fermoso, que non é un país "normal" como algúns.
Saúde e terra compañeiro!!

P.S.: Cando queiras pásate de visita polo meu niño (verbas.blogspot.com)

5:37 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home