Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, abril 23, 2005

Nin rosmar un laído


Escoito nestes momentos este disco histórico, propoño que espallemos estas cancións coma deber patriótico fundamental ;). Coido que as imos precisar durante unha tempada, moito, moito, moito. Prométemosche a Terra dunha Galiza Ceibe, pra enterrar os teus osos onde teñen que estar.

3 Comentarios:

Blogger Modesto dixo...

Non te emociones demasiado, que, daquela, Juan Pardo e Ana Kiro tamén cantaban a prol da autodeterminación, e mira agora.

11:16 da manhã

 
Blogger O'Xirarei dixo...

Xa o sei meu home, que Juan Pardo cantaba a Pondal e Cabanillas, poñamos por caso. Pero como podes comprobar nestas liñas, preciso unha dose utópica na vez de cando en vez ;).E estas cancións axudarán para o que nos vén enriba, alomenos mentalmente.

4:07 da tarde

 
Blogger MelroPreto dixo...

Mais nunca J. Pardo ou Ana Kiro chegaron a ter que se exiliar, como si fixo Suso Vaamonde PG (Patriota Galego) por cantar aquilo de "Cando me falan de España sempre teño unha disputa, cando me falan de España sempre teño unha disputa; que se España é miña nai, eu son un fillo de puta, que se España é miña nai, eu son un fillo de puta!"

10:39 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home