Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

segunda-feira, abril 25, 2005

De visitantes insignes

Hai unhas horas vivín unha experiencia extrasensorial, encontro na terceira fase ou chámalle X. Asisto na fábrica de xornalistas á presentación dun libro en homenaxe a Francisco Pillado Rivadulla, cuxa familia doou á USC a biblioteca do finado xornalista. Ademais de diferentes profesores e o propio Reitor (por la Gracia de Dios) asistiu ao acto o presidente de La Voz, de quen non tiña unhas referencias espectaculares e que entrou pisando forte, cando os compoñentes do auditorio soubemos que era a primeira vez que pisaba o edificio en cuestión -xa é peculiar que o presidente do maior grupo de comunicación de Galiza -o de "galego" está por ver- nunca se dignara a pisar, en case que quince anos de existenza da titulación e cinco da propia facultade, tan magnos lugares.
A cuestión é que despois de varias intervencións, entre elas unha especialmente elocuente do fillo do homenaxeado, que nos ofreceu unha visión a medio camiño entre o íntimo e o profesional de Pillado para min moi interesante, chegou a hora do máximo mandatario de La Voz, o único dos interviñentes que se dirixiu aos presentes en español. Mencións ao autor que alí nos ocupaba: dúas, ao principio e ao final. Despois: vanagloria de ser o control e azoute do poder en xeral, excesivas repeticións do pronome "yo" e do posesivo "mi", críticas a PP e PSOE a cada un pola súa banda e certas reflexións ata certo punto sensatas que quedaron nun segundo plano polas formas primeiro e pola atmosfera de vanidade e sentimento de superioridade que o invadiu todo, por non falarmos da cuestión idiomática, da visión apocalíptica do panorama xornalístico ou da cegueira cara ao propio país. Para rematar, o insigne visitante diríxese, xa finalizado o acto, a un dos que alí estaban para lle dicir "No estudies periodismo, no tiene futuro". Simplemente xenial.
Mágoa que algún dos que se atopaban nas butacas reservadas ao auditorio, tales coma Xosé Chao Rego, Néstor Rego e algúns outros non subisen á tribuna de oradores no canto de algún outro. Coido que teñen moitos menos cartos no peto e moito máis de que falar.

3 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

A resposta era doada: un desplante xeral ao señor Jefe Supremo de La Voz de su Amo. Mágoa que as obrigas académicas non permitisen a moitos dos compañeiros da Fábrica ter axido dese xeito; non volo imos ter en conta.
Saúde e Terra, camarada!!

11:18 da manhã

 
Blogger Caufield dixo...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

4:50 da tarde

 
Blogger Caufield dixo...

Amén a todo compañeiro del CAF!!!Murieron con las botas puestas, seguíanlle a chamar Trindade. Tamén vale para LaTorre o poema dos do funicular, cando rematou poidemos gritar todos a vez:¡¡¡Perdón, vamos a vomitar!!!xDDD Saúde e Terra!!!!!
Por la ría de Noia que ha sido el puerto de Compostela....
PD: temos q abrir ese expediente xa xa!!!

4:56 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home