Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, janeiro 14, 2005

Tensión, estrés e esas cousas

O que non consiga a actividade académica retrasada ou facer o que se debera facer antes... O caso é que non tiven tempo en toda a semana para escribir catro liñas seguidas e vou tan retrasado en todo o que teño que facer como ía hai sete días. Se cadra máis, porque hai unha semana non era consciente de TODO o que teño que facer nun curto espazo de tempo. Sexa como for, aínda tiven tempo para a xoldra e confío en que a Provindencia saía por min outra vez. Por outra banda, atópome inmerso nunha loita tecnolóxica, nunca pensei que algo tan pequeno coma un pendrive deses puidera marear tanto.
Semana curiosa, sen dúbida. Mentres a españolada toda clama contra Ibarretxe e ZP se pone en su sitio, os demais estamos preocupados, alén da política (eu serei desa minoría antieuropea roja y radical que votará NON) por cuestións máis mundanas. Os exames non son boa época para nada, moito menos para a reflexión, o sentimentalismo e os pensamentos abstractos. Cando te atopas perseguido nunha carreira contra-reloxo contra cifras académicas e tochos de apuntamentos de pouco serve que precises unha aperta. Realmente, o que inventou a Universidade quedou descansado, na miña vida algo me dera tantas satisfaccións e dores de cabeza. Seica a Universidade é coma unha moza... se entras por obriga déixala cedo e apenas te lembras dela nunca máis, como moito cando a ves nunha foto. Pero se entras por vocación... traballas arreo, sínteste mal cando lle fallas e sempre rematas por disculpala cando che falla e, se nalgún momento hai un mal maior, nunca rematas por deixala de todo. É o que hai. (Estamos máis preto de que explique o concepto de METROINTELECTUAL).
Cómpre destacar que hoxe volvín experimentar a Freire, S.L, xa na súa versión ordinaria de venres tarde, experiencia que se saldou con 7'50€ e 1 hora e 45 minutos perdidos. Que lle imos facer.

1 Comentarios:

Blogger MelroPreto dixo...

Ánimo e Saúde rapaz!!!
Deixando por parte o factor sorpresa, alédome ben de ter batido con esta súa bitácora. Agardo poder ofrecer os primeiros posts na miña contra a semana vindeira, fique atento.
Xa sen máis, desexo que nos seus máis ledos soños teña a fortuna de sentir ouvear o corno de batalla de Breogán, reclamando aos máis bravos guerreiros da súa caste para os Tempos á fin chegados. Ogallá que os astros lle sexan sempre favorábeis.

Unha forte aperta fraternal e revolucionaria

P.S.: camiñe con tino, seica anda a SGAE moi restritiva, e un PAXARIÑO comentoume que ao millor non ten vostede a titularidade do copyleft da citada verba "METROSEXUAL" ;-)

11:43 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home