Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, janeiro 21, 2005

As miñas obrigas académicas están convertindo este blog nunha caste de boletín semanal, pero bueno, que lle imos facer. Agardo que boa parte da miña audiencia -se é que existe- estea facendo algo semellante ao que fago eu estes días, ou o que é o mesmo, introducir nos cerebros toda unha serie de datos que lle faga máis proveitosa a estancia no INEM dentro dun tempo máis ou menos longo.
En fin, a cousa é que as miñas achegas á actualidade a verdade é que me continúan a matar. No que á cuestión vasca se refire, esta semana tiven a oportunidade de achegarme á Proposta de Nova Estatuto Político para a Comunidade de Euskadi e a verdade é que fiquei bastante sorprendido: eu mesmo coidaba que a cousa éra máis "radical" e en fin, que cita á Constitución vinte mil veces e outra serie de cousas que me fan afondar na miña teoría do interese do PPSOE en difundir o medo á normalidade democrática... que cada un o tome por onde queira. Para o que queira rir/revolver o estómago, recoméndolle a seguinte lectura: Zaplana compara el «Plan Ibarretxe» con el golpe de Tejero
No apartado traxicómico desta semana sitúase, como non podería ser doutro xeito, don Manuel, coas súas reflexións sobre o uso do condón. Entre outras perlas cultivadas, o noso Presidente soltou que "morrerá sen poñer un condón". A min sempre me gustou a xente optimista e con sentido do humor.
A verdade é que o período de exames universitarios é moi interesante. A fenómenos propios de épocas de estudo xeral -acumulación de tarefas domésticas que levan sen ser atendidas longos meses, etc.- únense outros que cómpre ter en conta. Un deles son as reflexións mentais que xurden na cabeza do estudante mentres se atopa diante do tocho de apuntamentos. Algún día, cando sexa un xornalista rico e famoso (risas) debería escribir un libro con todo o que se me pasa pola cabeza mentres estudo: dende rigorosos análises da actualidade ata planificación da miña vida persoal a medio e longo prazo, imaxinacións diversas, estudos sociolóxicos dos ruídos veciñais e autoprospeccións mentais do meu sentimento máis persoal. Sen dúbida, digno de atención.
Ben, se chegaches a ler ata aquí é que: a) Estás de exames e isto foi outra das excusas perfectas para non seguir estudando b) Che interesa o que escribo, o cal coido que é digno de consulta médica. Sexa como sexa, dexéxoche o mellor e convídote a votar NON á Consitución Europea. Saúde.

2 Comentarios:

Blogger Modesto dixo...

Ánimo cos exames! Todos pasamos por iso (e pola tempada no INEM, tamén). Se estudas Xornalismo, é máis que probable que teñas que soportar exactamente os mesmos profesores ca min... Ante todo moita calma, que dicían Siniestro Total.

11:30 da tarde

 
Anonymous Anónimo dixo...

Paciencia, compañeiro. Cando temos exames, todos nos poñemos transcendentais, pensando e reflexionando sobre calquera cousa agás os exames. Que teñas sorte!

8:07 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home