Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quinta-feira, janeiro 06, 2005

Antes roja que rota, carallo

Leo en La Voz de Galicia de hoxe o seguinte:
Touriño supedita un pacto con el BNG en la Xunta al respeto a la Constitución
El líder de los socialistas gallegos advierte que quien quiera trabajar con su partido deberá «respetar as reglas»
Non é marabilloso? TP (Torito Presidente) dice que si no somos buenos, no hay pacto. É que claro, só se lle ocorre ao Bloque Nacionalista Galego ir e exercer de nacionalista, e por se non fose suficiente, definir a Galiza como nación. Fóra diso, o PSdeG. Ademais disto, Torito volve exercer de mini ZP, neste caso xa parafraseándoo («dentro dela [da Constitución] cabe todo, fora dela non cabe nada»). De calquera xeito, como todos sabemos, chegará outubro e como Don Manuel perda a maioría e o PSOE teña un voto máis ca o BNG, veremos onde estamos cada un. Agora ben, como sexa ao contrario, que todo pode ser neste noso país, tamén veremos.

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Se chegan a gañar as eleccións galegas, o PSdeG-PSOE debería mostrar un compromiso real, sincero coa defensa do galego. Lembremos que Torito apoiou publicamente a Paco Vázquez cando este defendía a castelanización do topónimo La Coruña. MIRA QUEN INSISTE EN RESPECTA-LAS LEIS. Canta hipocresía!

8:43 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home