Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sábado, dezembro 25, 2004

Son moderno e teño blog

Xa son unha persona súper-moderna-delamuerte e montei o meu propio weblog, para barrenar en Internet o que antes a xente facía persoalmente na súa cabeza . É unha magoa que precisemos destas novas tecnoloxías para soltar as paranoias que raramente alguén nos aguantaría. En fin, me llena de orgullo y satisfacción comezar o meu blog nestas datas tan sinaladas. Onte, Noiteboa, e despois de estar vendo ao meu ídolo mediático (Gayoso, por suposto) teño que dicir que botei bastante de menos aos Tonechos pero bueno, a TVG apostou pola cultura e chantounos a Bisbal mentres por baixo pasaba toda unha serie de mensaxiños de móbil dentro dos cales predominaba o dunha tal Carme d'A Coruña, que a pobre muller debeu deixar o soldo do mes no Luar -por certo, empiricamente comprobado que non poñen todas as mensaxes!!!!-.
Pero non todo foron malas novas nestes días de Nadal que os universitarios aproveitamos para ter mala conciencia por non estar preparando o que se nos vén por riba a partir de finais de xaneiro, algunhas cousas alegraron a miña existenza neste paréntese navideño de obrigada volta á casa: seica se constituíu algo semellante a unha plataforma para recuperar a memoria do patriota Andrés Dobarro. Marabilloso!
LUCENSIDADE Nº 1: Pero se algo me impactou realmente foron as palabras do noso Pastor-Alcalde lugués onde os haxa, Sr.Orozco, que onte deu algo semellante a unha mensaxe de Nadal improvisada en Radio Lugo na que non faltou receita de paella -mixta- e consellos para sermos bos nestas datas tan entrañábeis.
O certo é que me encantaría poder celebrar como se merece estas datas, pero en fin, todo chega.