Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, dezembro 26, 2004

Outra Lucensidade: A Freire, S.L.

Escoito nos diversos medios de comunicación que o Goberno do Estado vén de aprobar un novo Plano de Infraestruturas que define todo o que atinxe a estradas, vías do tren e demais de aquí ao ano 2020. Ben, pois eu, coma sufridor de lucensismo (e outros males), quéixome. Resulta que pouco me importa que haxa un AVE ou un TAV de aquí a Madrid cando non podo ir a Santiago en tren porque non existe unha vía que me leve ata alí ou se quero collelo para A Coruña teño que pasar dúas horas e media nunha carrilana á que lle chaman "regional"
(acábase de estrear un súper tren moderno delamuerte que vai d'A Coruña a Vigo e viceversa, pero é que os de interior nos queixamos co vicio que temos no corpo).
Pero, sen dúbida, se algo hai característico nos transportes lugueses esa é a Empresa Freire, S.L., concesionaria única do transporte de viaxeiros entre Lugo e a capital da nación (Santiago de Compostela, que lle chaman). A cuestión é a seguinte: a Freire ten, a efectos prácticos, o monopolio, polo tanto, pode poñer os prezos que queira coa "calidade" de servizo que lle veña ben. Entre Lugo e Santiago somos moitos os universitarios que non temos máis remedio que circular todas as semanas -a Universidade propúxolle un convenio á Freire, esta dixo que non- en latas de sardiñas que che quedan pequenas se mides máis de 1'50 (dos que nos achegamos ao 1'90 mellor xa nin falamos) e nas que tes que pasar entre unha ou dúas horas e media para facer o percorrido que debera levar hora e cuarto como moito. No 2010 haberá autoestrada, eu vou mercar unha bicicleta, coido que é o máis sensato.