Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

domingo, dezembro 26, 2004

Lucensidades diversas

Como xa dixen, o Nadal é precioso e en Lugo maniféstase de múltiples xeitos: dende a actuación dunha orquestra (Panorama, se non me engano) na noite de Fin de Ano que será "gratis, por supuesto" en verbas da nosa benquerida Concejeira de Cultura ata a subvención, por parte do Concello, con 15000 a JuvenLugo, un salón de lecer para os máis novos que, se ben me parece perfecto que se celebre -non é que sobren as actividades nesta cidade- non ten de galego nin o nome. En fin, debo ser eu, un extremista de estes aos que non nos gustan os Eles de Lacuruña.
E é que os galleguiños non estamos de moda, se cadra para decir o bonito que é o CamiNo de Santiago, neste ano Jacobeo que agora remata, pero nada máis. Despois quedamos algúns frikis aos que nos gustan as gaitas e demais -e si, eu digo ben alto que prefiro aos Tamara que a Rosa de España, home e logo! O día que alguén sexa quen de xustificarme que Os Tonechos son intelectualmente inferiores aos Morancos, falamos. Manda carallo! Como a Amadora pillase á Omaíta esta ían saber os moranquitos o que son os galleguiños que nin suben ni baixan a escaleira. Xa o di o Tucho, neste País haiche moito vicio -de botarlle Nitramón ás leiras...