Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

quarta-feira, dezembro 29, 2004

Entrando "en la intimidad de vuestros hogares"

Teño que comezar dicindo que, novamente, me lleno de orgullo y satisfacción, neste caso porque se me menciona nun blog que non é o meu e sen pagar, concretamente o TodoNada, que, pola calidade do produto, me satisface doblemente. Por outra banda, éncheme de ledicia saber que o meu non é enfermidade e que, se o é, é un andazo coma unha casa. O meu coa TVG, Os Tonechos e demais frikismos patrios padéceo alguén máis, trátase de ModestoWeb, quen mesmo chegou a capturar unha imaxe que se o mundo fose coma debera en breve aparecería nos libros de Historia de Galiza: Beatriz Manjón & Os Tonechos!!!
Tonecho: (a B.Manjón) Pero ese día virás vestida, non? <---Verídico
Despois destas cuestións mediáticas de agradecementos e demais:
LUCENSIDADE DE INFRAESTRUTURAS
No día de hoxe -xa de onte-, Día dos Inocentes do Ano do Señor de 2004 (Ano 15 DDM -Despois de Don Manuel, ou era Fraguiana) eu, inocente de min, decidín ir alén das murallas do meu lucensismo e achegarme á Coruña (LaCuruña, para os non fundamentalistas "de-citi-güer-noubadi-is-a-foreiner").
8:50 Collo a carrilana na estación do tren
11:00 Chego, con forte vento e chuvascos moderados, á Coruña
20:00 Collo o Arriva -si, sen H- (o último "tren" sae ás 18:40)
22:00 Chego, con néboa e 7ºC no exterior, a Lucus Orozci.
Conclusión simple, das 13 horas investidas en todo o proceso, 4 foron somentes de viaxe, cando non deberan ser máis de 2. Se é que me queixo de vicio... (Lugo-A Coruña pola A6, 1hora).