Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, dezembro 28, 2004

El Paco, de LaCuruña


Paco I de Lacuruña avanza inexorábel na súa cruzada particular contra vento e marea para poñer o seu Reino onde está mandadom en contra de galleguistas, bloqueiros e xente desa raza radical en xeral. Para isto, conta coa inestimábel axuda dos responsábeis do Goberno galego. Leo o seguinte en Xornal.com
La Xunta admite que la L de Vázquez es ilegal pero "podemos cambiar la ley"
Pita estudia plantear una modificación de la ley de normalización lingüística para "mejorar" la "convivencia armónica" entre gallego y castellano.
Se é que somos uns fundamentalistas... só aos bloqueiros, rojillos e demais familia se nos ocorre que un alcalde debe repectar a lingua do país e cumprir a lei...

2 Comentarios:

Blogger Xosé Antón dixo...

"Se é ilegal cambiamos a lei". E despois a outros non lles deixan facer propostas de articulacións das súas nacionalidades dentro do Estado (proposta que si permite efecturar a tan sobada Constitución). Vivimos nunha época de prostitución da linguaxe e das ideoloxías...

9:27 da tarde

 
Anonymous Anónimo dixo...

Estou totalmente de acordo con Xosé Antón. Como funciona a dobre linguaxe: Que Paco Vázquez infrinxe unha lei cando lle sae dos collóns (perdoádeme a expresión), non pasa nada que lle cambiamos a lei; que os nacionalistas reivindican unha reformulación do modelo territorial español, entón uns apátridas, "os inimigos de España", os que queren acabar con España e demais imbecilidades que se lles ocorra á dereita comandada por "el señor de los hilitos" e mailo "embustero" maior do reino, Acebes.

8:51 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home