Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

terça-feira, dezembro 28, 2004

Crónicas de lamentábel actualidade

Leo na prensa os resultados da traxedia que está a vivir todo o sudeste de Asia despois do terremoto e maremoto de onte. A verdade é que aí é onde se ve todo o que lle debemos ao "Terceiro Mundo" (cales serían as consecuencias se algo así pasase nos EUA, poñamos por caso?). De calquera xeito, a actualidade sempre nos deixa novas de impacto que permiten abstraernos da crúa realidade, tales como a seguinte, cito textualmente: "El Rey Juan Carlos y Bush hablaron por teléfono en Nochebuena " (Cadenaser.com) Que ledicia ¿sería antes ou despois da mensaxe de me llena de orgullo y satisfacción? recomendaríanse mutuamente moderación co etanol nesa noite tan familiar? Vivo sin vivir en mí!!
A programación do Nadal no que a TV se refire adoita ser bastante lamentábel. Eu, coma consumidor ocasional de televisión, non é que poida comparar moito coa do resto do ano, pero en fin... de calquera xeito, entre o mar de parvada atopamos unha illa para o enxebrismo -ben ou mal entendido- "Nadal cos Tonechos". Fóra coñas, se todos os que se esmendrellan coas parvadas de Crónicas Marcianas e demais familia se aficionaran a Tucho, Tonecho, Amadora e demais familia, moitas cousas habían cambiar neste País -vaia por diante que non teño por costume apuntarlle tantos á TVGaita, pero coido que os Tonechos foron o maior acerto despois do Xabarín e Máxima Audiencia-. Só un detalle que fai Beatriz Manjón cos Tonechos por favor????? é como se me pos a Don Manuel no Parlamento e lle leva o vasiño de "café" Norma Duval, non pega. O que hai que ver...

2 Comentarios:

Blogger María dixo...

Os Tonechos? Ben, eu non teño nada en contra deles, simplemente non me fan graza.

10:23 da manhã

 
Blogger vaghalume dixo...

Unha merda (dispensando a palabra)! e por que non poñen na programación, aínda que fose nos sábados, aquel programiña tan interesante: Senda Verde! Parece que despois daquel intento pra emitir o programa sobre o impacto dos encoros,... desapareseu do mapa. Que pasa que aghora non temos impacto ambiental con tanto encoro, tanto muíño de vento e tanta ghaita?

O problema é que na Teleghaita seguen a promosionar esterco amais esterco. Luar por exemplo, que hai dos autores galegos? que pasa con Bony M., co Fary, co Manolo Escobar? é alguhun alto cargho da Xunta quen esbarruado no seu sofá chama á teleghaita e pide... "mira ghalloso, hoxe apetéseme ver algho daquel ghrupiño de cando eu era hippe, os Bonién, terás algho por aí deles?" E vai o ghalloso,... e o venres pon Bony M.

Alghén lembra un concurso que había hai anos (xa choveu, si!!) onde partisipaban colexios? e apostaría algho a que o presentaba Carlos Blanco Vila (si si, o mesmo)

Non me dighas que lle apuntas un tanto á TVG,... se pouco hai que escoller nela. Parese que temos que vivir de madrughada para que poidamos ver algho desente.

Por serto, e remato xa que non me ghusta espotricar moito, se queres informasión vaille botando unha ollada a este endereso:
http://www.galinus.com/avaliaxe/index.php

12:48 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home