Pechado por traslado dende o 20-5-2006. Estou en http://malodeaturar.blogaliza.org

sexta-feira, dezembro 31, 2004

Crónicas anovellescas (do Ano Vello)

Saúde e uvas, compañeiros e compañeiras. Nestas últimas horas do 2004 non farei un resumo informativo como o da TVG no Telexornal Mediodia, segundo o cal tan só houbo desgrazas diversas ao longo do mundo (furacáns, tremores de Terra...) e na Galiza non pasou nada que non cheirase a Xacobeo. Só fica en min a esperanza de que arranxen este agravio tal e como a nosa TeleGaita sabe facer, unha boa ración de Luar antes das badaladas dende A Quintana (síntoo, pero a min ver como mentres os españolitos se amorean na Puerta del Sol eu como as uvas escoitando a Gayoso por tras da Berenguela dáme un non-sei-que patriótico polo corpo). Polo demais, paréceme fatal, se á fin se confirma, non entrar no 2005 da man d'Os Tonechos.
Polo demais, Lucensidade a cachón nas primeiras horas do novo ano: mentres os DeLugo-Detodalavida van ao Círculo, os da plebe inserímonos nos bares do lugar e este ano ademais, por xentileza de Orozco I, O Filósofo irémoslle botar un pé á Praza Maior: hai orquestra!. Pouco máis me queda por dicir. Para o novo ano: saúde e Patria, amor, cartiños, poucas resacas e festa! SAÚDE E ATA O DÍA 2 (o 1 coido que non existirá, etilicamente falando) e FELIZ ANINOVO!!!

1 Comentarios:

Blogger perochi dixo...

Entrañable TVG en Nadal: Juan Pardo, Ana Kiro... artistas de primeira orde mundial e de estilos variadísimos.

Saúdos!!

4:18 da tarde

 

Enviar um comentário

<< Home